Seguridade Social

A Seguridade Social é un sistema de protección que as sociedades e os seus Estados proporcionan aos individuos e as familias para asegurar o acceso á asistencia médica e garantir as prestacións económicas, en particular en caso de vellez ou xubilación, desemprego, enfermidade común, invalidez, accidente do traballo, enfermidade profesional, maternidade, viuvez ou perda de ingresos económicos dos fogares.

É un dereito fundamental recoñecido no art. 22 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos da ONU.