A intelixencia emocional como nova ferramenta ORP, conferencia en ENCE Pontevedra

Recensión de xornada
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, Colaborador mutuo coa Seguridade Social, impartiu o pasado 10 de outubro unha interesante charla formativa sobre a intelixencia emocional como nova ferramenta de prevención. O suceso tivo lugar na fábrica que a empresaENCEten en Pontevedra.

José Beltrán, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais de Fraternidad-Muprespa, analizou os aspectos que afectan á sinistralidade laboral dende o punto de vista psicosociolóxico. Tratouse as particularidades dea intelixencia emocional como nova ferramenta preventiva, destacando a importancia da imaxe, as emocións, a comunicación verbal e non verbal na prevención de riscos laborais.

Son varios os obxectivos desta charla,como establecer protocolos de actuación que definan claramente unha política de xestión preventiva psicosocial; crear e facilitar sistemas positivos de participación e comunicación; desenvolver un estilo de liderado baseado en valores; crear e promover ambientes de traballo saudables.

O tema da charla espertou un grande interese entre os asistentes.

Que che pareceu este contido?