A MUTUA Fraternidad-Muprespa PARTICIPA NO EVENTO E-Saúde 2012
O evento, organizado en Madrid o 7 de xuño de 2012 pola IIR, é a sétima edición dun encontro no que tecnoloxía e saúde conflúen.
Contou coa participación de diferentes servizos sanitarios de Comunidades Autónomas (Madrid, Valencia, Estremadura), Cajas Mutuas de Accidentes da Seguridade Social (Fraternidad-Muprespa, MAZ), hospitais públicos e privados, Asociacións, Universidades e Instituto de Saúde Carlos III.
A participación de Fraternidad-Muprespa foi realizada por D. Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información, sobre o tema “Como utilizar a intelixencia empresarial para conseguir un uso eficiente dos recursos sanitarios”. Durante a súa intervención explicou o proceso de construción dun cadro de mandos de xestión con indicadores, que se converten en obxectivos de mellora, e a súa distribución a todos os niveis da organización grazas ás novas tecnoloxías.
No acto tratáronse outros temas de actualidade como o uso de dispositivos móbiles, a confidencialidade e seguridade da información do paciente, a interoperabilidade entre procesos e as últimas aplicacións de telemedicina.
Contou cunha gran participación de profesionais da xestión sanitaria e das TIC aplicadas á saúde.
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
