A MUTUAL Fraternidad-Muprespa CELEBROU UNHA XORNADA DE PREVENCIÓN EN OVIEDO 10

Recensión de xornada
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado martes 4 de decembro celebrouse no Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais de Oviedo,  a presentación da ferramenta informática PREVENCIÓN 10, desenvolvida polo Ministerio de Traballo a través do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, dirixida a microempresas e autónomos.

Esta presentación foi feita por Fraternidad-Muprespa, coa colaboración do Instituto Asturiano de Prevención, que amablemente nos ofreceu todo o apoio loxístico para acadar a xornada.

A presentación correu a cargo do Xefe da Área de Acreditacións,D. Rubén Orihuela Sancho, do Instituto Asturiano de Prevención, que destacou o esforzo que  

A continuación D. Pedro Fernández Castaño, Director Provincial de Fraternidad-Muprespa  en Asturias, destacou o compromiso que a Mutua ten cos pequenos emprendedores e as posibilidades que PREVENCION10 lles ofrece, destacando o seu carácter gratuíto.

D. José Beltrán García, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, de Fraternidad-Muprespa, explicou polo miúdo en que consiste PREVENCION 10 e as súas distintas aplicacións como autoprevención-t, avaliar-t y forma de t, todas elas dirixidas a facilitar a integración da Prevención de Riscos Laborais no sistema de xestión do pequeno comercio, evitando custos, danos aos traballadores e baixas, aumentando así a produtividade do pequeno comercio. Tamén desglosou os sinxelos pasos para facer da prevención unha xestión rendible con PREVENCIÓN 10.

Ao remate da presentación abriuse unha sesión de preguntas, que foron contestadas e aclaradas en todos os seus termos.

A clausura do acto correu a cargo de D. Pedro Fernández Castaño, Director Provincial de Fraternidad-Muprespa en Oviedo, que agradeceu aos asistentes a súa presenza e ao Instituto Asturiano de Prevención, as facilidades prestadas e a súa inestimable colaboración.


"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
Que che pareceu este contido?