A ventilación como medida preventiva
O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) actualizou recentemente o documento titulado Ventilación como medida preventiva contra o Coronavirus SARS-CoV-2. Neste traballo recóllense os conceptos básicos de ventilación como medida preventiva fronte á transmisión do virus por aerosois no lugar de traballo, así como as fontes de información que poidan ser de utilidade, de acordo co criterio das autoridades competentes.
Ao longo destes meses publicáronse numerosos estudos e artigos sobre o comportamento do SARS-CoV-2, a súa viabilidade, supervivencia, propagación e transmisión. Neste sentido, unha das conclusións que saca a investigación e que xa foi xeralmente aceptada é a transmisión deste coronavirus a través dos aerosois. Tendo en conta esta vía de transmisión, a ventilación xoga un papel fundamental como medida preventiva contra a propagación do virus en ambientes interiores, contribuíndo á redución de infeccións.
Tal é a súa importancia que a necesidade de adoptar medidas preventivas vinculadas á ventilación nos lugares de traballo xa se estableceu a través do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria. Esta normativa recolle un conxunto de medidas de prevención e hixiene que se deben adoptar nos centros de traballo, sen prexuízo do cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais e do resto da normativa laboral de aplicación. En concreto, establece a necesidade de adoptar medidas de ventilación, limpeza e desinfección adecuadas ás características e intensidade de uso dos centros de traballo, de acordo cos protocolos establecidos en cada caso.
Fraternidad-Muprespa dispón dun apartado específico dedicado ao Coronavirus en con toda a información de interese relacionada coa prevención de riscos laborais e a atención sanitaria que poida ser de utilidade para a súa empresa neste. tempo.