As prestacións por cesamento de actividade dos autónomos amplíanse ata o 31 de maio
O pasado 18 de xaneiro, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e as principais asociacións de autónomos representadas por ATA, UPTA e Uatae, acordaron a ampliación do período de acceso ás prestacións por cesamento de actividade que rematou o 31 de xaneiro.
Estas axudas permanecerán en vigor ata o 31 de maio de 2021 co fin de seguir apoiando aos máis de tres millóns de autónomos, que teñen que afrontar as consecuencias económicas derivadas da crise provocada polo coronavirus.
Segundo os datos facilitados polas principais asociacións de autónomos, perderon 65.000 millóns de euros.
Desde que se decretou o estado de alarma, concédense unhas prestacións por un custo de case 5.000 millóns de euros, que son xestionadas e pagadas polas Mutuas Colaboradoras da Seguridade Social.
Do mesmo xeito, a prórroga do ERTE tamén se prorrogou ata o 31 de maio.
