Día Mundial da Calidade: Liderar para cambiar o mundo

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Baixo o lema "Liderar en tempos de cambio" O vindeiro 9 de novembro celebrarase o día mundial da calidade.

O Día Mundial da Calidade créase para concienciar sobre a contribución esencial que a calidade fai ao crecemento das persoas (a nivel individual) e das organizacións ou entidades (a nivel colectivo). A mellor forma de difundir e celebrar este día é compartindo os nosos pensamentos, reflexións e ideas con outras persoas ou organizacións que sumen e promovan a procura dunha conciencia máis global.

Como individuos temos a excelente oportunidade de influír e motivar o noso entorno máis próximo, familia, amigos, compañeiros de traballo, observando o impacto que a calidade representa nas súas vidas. Como organización temos a obriga de mellorar a reputación da calidade como función estratéxica entre os nosos clientes e grupos de interese.

"A calidade non é o que ocorre cando o que fas coincide coas túas intencións. É o que ocorre cando o que fas coincide coas expectativas dos teus clientes". John Guaspari (escritor e consultor)

Como nos advirten dende o AEC (Asociación Española para la Calidad), a innovación, a internacionalización, a transformación dixital, a economía circular, son facetas dunha revolución que esixe un novo liderado que impulse á súa vez a economía colaborativa, o emprendemento e a transformación cultural.

É un excelente momento para lembrar que cada un de nós, independentemente do contexto no que nos atopemos, ten potencial suficiente para promover e defender, con accións individuais, cambios positivos na sociedade e na xestión global da calidade. Ti tamén es un líder!

Queremos celebrar este día con vós e para iso animámosvos a participar nunha sinxela enquisa que vos preparamos e á que podedes acceder a través da seguinte ligazón:

https://www.Fraternidad.com/es-ES/encuesta/2017-dia-mundial-calidad

Que che pareceu este contido?