Fraternidad-Muprespa CELEBROU NO MUNDO LABORAL UNHA XORNADA SOBRE PATOLOXÍA PSIQUIÁTRICA LEVE
Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, celebrou o pasado 3 de outubro en Lugo unha xornada sobre “Patoloxía Psiquiátrica leve no ámbito laboral”, en colaboración co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Clínica Santo Domingo.
A xornada foi presentada e moderada polo doutor D. Luis Coira Nieto por
Despois da intervención de diferentes relatores, entre os que estaban representados médicos de atención primaria; inspección do servizo público de saúde; especialistas vinculados a esta patoloxía (psicólogo e psiquiatra); así como o sector das Mutuas de Seguros colaboradoras coa Seguridade Social, o Doutor Fernando Mena Babiano, subdirector do Centro de Coordinación Asistencial e Control Informático da Mutua, que propuxo o tratamento desta patoloxía dende o punto de vista da xestión da incapacidade temporal por continxencias comúns en España.
Para rematar, tivo lugar un intenso debate entre os relatores e o público asistente, que reflectiu a complexidade diaria na que se atopan os diferentes profesionais que teñen que facer fronte a esta problemática. Ademais, plantexouse a necesidade de mellorar as vías de comunicación e cooperación entre os distintos axentes implicados.
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
