Fraternidad-Muprespa e RACE unen forzas para reducir os accidentes laborais durante a condución
Co obxectivo de desenvolver conxuntamente proxectos destinados á prevención de accidentes de tráfico no traballo, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa e o Real Automóbil Club de España (RACE) asinaron na mañá deste martes un convenio de colaboración. O director xeral de Fraternidad-Muprespa,Carlos Aranda, e o director de Seguridade Viaria de RACE,Tomás Santa Cecilia, foron os encargados de estampar a súa sinatura no documento.
As medidas preventivas previstas inclúen xornadas de sensibilización, desenvolvemento e difusión de campañas de uso do cinto de seguridade e prevención de accidentes provocados por distraccións, uso do móbil, sono ou cansazo. Tamén se realizará a promoción de cursos para traballadores.
Carlos Aranda destacou a importancia deste acordo tendo en conta que “a Mutualidade está a facer un gran esforzo no ámbito da prevención de accidentes de tráfico laboral, con actuacións como a realización duns 40 obradoiros de seguridade viaria con realidade virtual inmersiva ao longo de 2018, ou como a xornada celebrada o 7 de xuño en Madrid co lema."De 0 a 100 en seguridade viaria: tecnoloxía e conciencia fronte a accidentes" para a difusión das mellores prácticas nesta materia”.
Pola súa banda, Tomás Santa Cecilia destaca a necesidade de "unir esforzos para loitar contra a sinistralidade laboral mediante a formación e a información. Dende RACE agradecemos a mellora da seguridade".
