Fraternidad-Muprespa entrega o recoñecemento Bonus 2017 en Vigo
O pasado 15 de xullo Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, entregada a Viviana García da empresa García & García Gabinete Empresarial, S.L. o diploma acreditativo Bonus 2017 pola súa contribución eficiente á redución da sinistralidade e pola realización de actuacións eficaces na prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais durante o ano 2017.
Durante o acto, celebrado na delegación Fraternidad-Muprespa de Vigo, o director provincial de Pontevedra Ramiro Guntín e o director da delegación Andrés Ortigueira Agradeceron á propietaria da entidade premiada a súa implicación e concienciación polo seu compromiso continuado coa prevención e redución das continxencias profesionais, minimizando o dano que o ambiente laboral produce nos traballadores.
A visita aproveitouse para coñecer as renovadas instalacións e equipamentos do centro de saúde da Mutua en Vigo.
