LONZA BIOLOGICS PORRIÑO RECIBE A BONIFICACIÓN DISTINTIVA DE Fraternidad-Muprespa

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O 21 de xuño, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa, entregou á empresa Lonza Biologics Porriño, o diploma de recoñecemento de Bonos correspondente á campaña 2013.

Este recoñecemento outórgase ás empresas que contribuíron efectivamente á redución da sinistralidade laboral, con investimentos cuantificables en Prevención de Riscos Laborais e coa implantación de actuacións eficaces na prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

D. Ramiro Guntín Miranda, director provincial de Pontevedra de Fraternidad-Muprespa e D. Vicente San Pedro Santodomingo, director da delegación do Porriño de la Mutua, fixeron entrega do diploma a D. Alejandro García, Gerente de EHS e Servizos
Lonza Biologics Porriño.

A continuación, D. Ramiro Guntín destacou a importancia de outorgar este recoñecemento a Lonza Biologics Porriño, unha destacada empresa do sector que, ano tras ano, está especialmente sensibilizada na prevención de riscos laborais para os seus traballadores.

Lonza Biologics Porriño, é unha empresa do Grupo Lonza fundada en 1897 con sede en Basilea (Suíza). Cunha presenza global de 45 plantas de produción en todo o mundo e máis de 11.000 empregados, é un dos principais provedores de servizos para as industrias farmacéuticas e das ciencias da saúde. Líder mundial, conta en España coa maior planta de produción de cultivos celulares para aplicación biofarmacéutica no Porriño (Pontevedra).

Este incentivo é concedido pola Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social a través de Fraternidad-Muprespa, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa vixente.



"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
Que che pareceu este contido?