Acrónimo de Número de Identidade de Estranxeiro. É un documento necesario expedido pola Dirección Xeral da Policía (Ministerio do Interior) para os estranxeiros que se relacionan con España por razón dos seus intereses económicos, profesionais ou sociais, sempre que non se atopen en situación irregular no territorio nacional.

Consta dunha 'X' ou 'Y' inicial, 7 cifras e outra letra de control final.