
PARTICIPE NOS GALARDÓNS EUROPEOS ÁS BOAS PRÁCTICAS
A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) abre a convocatoria de candidaturas para os décimos Galardóns Europeos ás Boas Prácticas no ámbito da seguridade e a saúde no traballo. O certame de 2010/2011 recoñecerá as empresas ou organizacións que destacasen por contribuíren de forma innovadora e por fomentaren un enfoque integral da xestión do mantemento seguro.
Campaña «Traballos saudables»
A Campaña Europea está organizada pola Axencia Europea (EU-OSHA) en colaboración cos Estados membros e a Presidencia da Unión Europea. Unha das principais actividades de apoio á Campaña son os Galardóns Europeos ás Boas Prácticas, organizados co obxectivo de identificar exemplos de boas prácticas en materia de mantemento seguro e preventivo.
Galardóns europeos ás boas prácticas
Os Galardóns teñen por obxecto demostrar, mediante exemplos, os beneficios que se derivan da implantación de boas prácticas en materia de seguridade e saúde no traballo: para empresarios e traballadores europeos, intermediarios, interlocutores sociais, técnicos e profesionais da prevención de riscos laborais, así como para aqueles que dan asistencia e información no ámbito laboral.
Os exemplos seleccionados, divididos en 2 categorías: empresas con menos de 100 empregados e empresas con 100 ou máis empregados, serán recoñecidos pola súa contribución á mellora das condicións de traballo en Europa.
Ademais:
- os representantes das empresas e organizacións seleccionadas serán invitados á cerimonia de entrega dos Galardóns, que terá lugar na primavera de 2011, e
- os exemplos presentaranse no sitio web da Axencia Europea, así como nun folleto da Axencia que se distribuirá en toda Europa.
Como participar
Se desexa información máis detallada sobre o concurso, pode poñerse en contacto con:
Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT)
Torrelaguna 73, 28027 Madrid.
Persoa de contacto: Belén Pérez Aznar,
Tel. +34 913634253
pfocalagenciaeuropea@mtin.es
Data límite para a recepción de solicitudes
30 de xullo de 2010
Acceder Páxina Web da OSHA:
Descargar Folleto da convocatoria:
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"