CELEBROUSE EN LUGO UNHA XORNADA DIVULGATIVA COA PARTICIPACIÓN DO INSS, TGSS E A MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Onte 16 de xuño Fraternidad-Muprespa celebrou en Lugo unha xornada para empresas e colaboradores coa colaboración do INSS e a TGSS.

A apertura desta correu a cargo de D. Juan Carlos González Santín, director provincial do INSS e a TGSS, facendo referencia á importancia das mutuas como un elemento máis da armazón da Seguridade Social e centrou o seu relatorio no presente e futuro dos servizos electrónicos, co fin de que o cidadán poida realizar todas as xestións co INSS e a TGSS dende casa.

Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información de Fraternidad Muprespa realizou unha exposición dos recursos, medios e obxectivos de Fraternidad Muprespa como mutua de referencia no sector, facendo mención ao Plan Estratéxico Corporativo, LOPD, certificacións de servizos, etc. Quixo resaltar que a nosa extranet se nutre e crece coas achegas que todas as empresas, asesorías e autónomos achegan e faloulles sobre o que estes servizos lles axilizarían as xestións coa mutua.

A subdirectora de Xestión Recadatoria da TGSS, Olga Campelo López, realizou unha exposición pola historia de como se creou e evolucionou a páxina web da Seguridade Social ata o día de hoxe, onde é considerada unha das 20 mellores páxinas que existen en España, resaltando a facilidade de acceso a esta para persoas con discapacidades, que se pode ver en sete idiomas e seguidamente nos presentou o novo formato da páxina que teñen dende o día 15 de xuño. Tamén fixo referencia á aula da Seguridade Social.

Eladio Sández Fernández, responsable da Unidade de Atención ao Usuario do Sistema Rede da TGSS fixo un percorrido dende o ano 1995 ata o 2011 resaltando que a provincia de Lugo foi e segue sendo líder na utilización dos servizos electrónicos.

O xefe de coordinación do centro de atención e información da Seguridade Social "CAISS" do INSS, José Manuel González Alves, realizou unha explicación dos diferentes tipos de prestacións que se poden solicitar a través da páxina Web de forma persoal ou a través do colexio de graduados sociais.

Julio Santos Pazos, director do Departamento de Relacións coa Rede de Fraternidad-Muprespa centrou a súa intervención na presentación dos novos servizos que pretendemos lanzar na Mutua proximamente, animando os asistentes a darse de alta nos servizos Extranet da nosa web e solicitar os servizos do noso persoal para calquera dúbida que teñan.

O director provincial de Fraternidad Muprespa en Lugo, José Luis Sánchez Jato, clausurou o acto facendo tamén referencia ao Plan Estratéxico Corporativo que marcou unha nova liña de actuación en Fraternidad Muprespa, onde nos propuxemos ser a mutua de referencia no sector, buscando a excelencia no servizo e atención ás nosas empresas e mutualistas. Aproveitou para agradecer a relatores e asistentes ter colaborado no éxito da xornada e emprazounos para futuras xornadas.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?