CELEBRouse EN VIGO A XORNADA DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA EN SEGURIDADE SOCIAL E ACTUALIDADE NORMATIVA

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O 16 de novembro en Vigo, coa colaboración do INSS, a TGSS e o Colexio de Graduados Sociais; Celebrouse a Xornada: “A administración electrónica na Seguridade Social e a evolución normativa”; nas instalacións da Escola Oficial de Graduados Sociales de Pontevedra.

A presentación das Xornadas correu a cargo de Sra. Marisol Martín Lumbreras, Director Provincial do INSS de Pontevedra e D. Ramón Benito Blanco Vázquez, Director Provincial da TGSS de Pontevedra. Valoraron a colaboración entre entidades nestes foros de comunicación e información e trasladar o esforzo de todos na aplicación e desenvolvemento de novidades na Administración Electrónica.

Levo a cabo a moderación,D.a Purificación Silva Martínez, Vogal do Colexio de Graduados Sociais. Sendo as presentacións realizadas por:

  • D. Carlos Martínez Gómez, Xefe de Servizo da Unidade Provincial de Informática da TGSS de Pontevedra. Onde se centraron as últimas novidades da web e se presentaron dun xeito práctico e conciso.
  • D. José María Arranz Rodríguez, Xefe da Sección de Coordinación da CAISS da Dirección Provincial do INSS de Pontevedra. Onde expoña a aplicación TALES, tramitación electrónica de solicitudes de prestacións e noticias telemáticas; como unha ferramenta áxil e rápida pero moi descoñecida por directivos e titulados.
  • D. Julio Santos Palacios, Director de Relacións de Rede de Fraternidad-Muprespa;  que fixo unha presentación da Mutualidade e realizou unha tese completa no portal web Fraternidad-Muprespa e na Extranet.
  • D. Jaime Cabeza Pereiro, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo; que na súa brillante presentación abordo as novidades sobre os aspectos da Seguridade Social e prevención de riscos laborais na Lei 36/2011 de 10 de outubro de Xurisdición Social Destacando que completa a modernización procesual nesta orde, racionalizando e establecendo un novo texto normativo refundido actualizado á realidade da ordenación laboral vixente.

O peche correspondeu a D. Andrés F. Ortigueira Núñez, Delegado de Fraternidad-Muprespa en Vigo; onde describe os factores diferenciadores como Mutua de referencia no sector e no Plan Estratéxico, na procura da excelencia e conseguindo así misión de Fraternidad-Muprespa. Por último, expresa o seu agradecemento aos relatores e colaboradores polo seu apoio absoluto e aos asistentes que encheron o Salón de Actos; porque o día non tería sentido sen a súa presenza.

 


Ligazón    
ACTO DA XORNADA SOBRE A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA EN SEGURIDADE SOCIAL E ACTUALIDADE NORMATIVA



"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
Que che pareceu este contido?