Fraternidad-Muprespa entrega á Fundación Educativa Colexio Divina Pastora un accésit dos V premios EZ

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, entregou á Fundación Educativa Colexio  Divina Pastora (Torre de Lemos) un accésit dos V premios Escolástico Zaldívar. O accésit recolleuno María Esther Rodríguez Camino, directora da Fundación Educativa, de mans do director provincial de Fraternidad-Muprespa en Lugo, José Luis Sánchez Jato, polo seu innovador papel no desenvolvemento da prevención de riscos laborais no seu centro.

O obxecto desta quinta convocatoria dos premios "Escolástico Zaldívar" era outorgar unha distinción a aquelas empresas asociadas a Fraternidad-Muprespa altamente comprometidas coa prevención de riscos laborais que demostraran ter executado, ou estar a executar, actuacións que representen unha mellora na seguridade e saúde dos seus traballadores, alén do estrito cumprimento da normativa de prevención.

Os Premios “Escolástico Zaldívar” creáronse en memoria do fundador e primeiro presidente de Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social n.º 275.

O CPR. Plurilingüe FED. Torre de Lemos é un centro educativo laico e sen ánimo de lucro, fundado en abril de 2008, que leva mostrando dende o principio un grande interese pola prevención de riscos laborais e presenta uns índices de sinistralidade por debaixo da media do sector.

¿Te ha resultado útil?