FRATERNIDAD-MUPRESPA HA PARTICIPADO EN EL IV CONGRESO CONJUNTO DE LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE FÍSICA MÉDICA Y DE LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN RADIOLÓGICA CELEBRADO EN ...

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado 25 de xuño, tivo lugar na sede da Cidade Politécnica da Innovación da Universidade Politécnica de Valencia o IV Congreso conxunto da Sociedade Española de Física Médica e da Sociedade Española de Protección Radiolóxica. No congreso, baixo o lema: "Física e Saúde:Retos da Física Médica e a Protección Radiolóxica", expuxéronse numerosos relatorios de gran calidade e rigor científico, así como interesantes debates que superaron as expectativas dos profesionais presentes.

A Dra. Margarita Barrigón Tadeo, directora do Departamento de Xestión Sanitaria de Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, participou no congreso realizando unha presentación sobre a "Implantación dun Sistema de historial dosimétrico, para a xestión da seguridade radiolóxica dos pacientes, en 83 instalacións de radiodiagnóstico médico",  que consiste en cumprir coa normativa vixente en materia de seguridade radiolóxica do paciente e na optimización das doses de radiación recibidas polos pacientes dentro do contexto do Programa de Garantía de Calidade. Coas conclusións deste estudo, establécese un protocolo no que se obtén o historial dosimétrico do paciente en cumprimento dos novos requisitos de seguridade radiolóxica do paciente e ademais se certifica a calidade e seguridade radiolóxica.

O relatorio resultou de grande interese para os profesionais que asistiron ao acto.

Unha vez máis, Fraternidad-Muprespa apostou polas iniciativas de carácter médico e científico, e colabora así en crear novos procedementos para o benestar dos nosos pacientes.  

Se quere ver o relatorio sobre como implantar un sistema de historial dosimétrico para a xestión da seguridade radiolóxica, acceda ao seguinte vídeo

Botón externoEnlace

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?