
FRATERNIDAD-MUPRESPA RECIBE O SELO ALCORCÓN CONCILIA 2015
O pasado día 29 de outubro, o Concello de Alcorcón realizou o acto de entrega da V Edición do "Selo Alcorcón Concilia 2015". Neste se outorgaron os diplomas que acreditan as empresas de Alcorcón, comprometidas coa conciliación da vida laboral, familiar e persoal dos seus traballadores. O acto tivo lugar no Centro de Empresas de Alcorcón-IMEPE.
O Excmo. Sr. Alcalde de Alcorcón, D. David Pérez García, realizou a presentación do proxecto e, a continuación, deu paso á entrega dos certificados. Este ano, as empresas que obtiveron o "Selo Alcorcón Concilia 2015"" foron 62, das cales 17 delas o conseguiron por primeira vez.
A Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, tamén foi merecedora do "Selo Alcorcón Concilia 2015". A directora da delegación de Fraternidad-Muprespa, Dª Silvia Vela Fernández, recolleu a distinción, acompañada do director provincial adxunto da Dirección Provincial en Madrid, D. Francisco Barroso Jadraque.
" A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"