Os servizos electrónicos para empresas de Fraternidad-Muprespa

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa pon á disposición das empresas mutualistas a Oficina Dixital onde pode resolver a distancia e en calquera momento algún dos trámites habituais (require alta previa no sistema). Entre outros moitos servizos, poderá: solicitar a alta e modificar o usuario de acceso, solicitar informes de sinistralidade e absentismo, ver as tarifas, cotizacións e deducións de cotas.

A subscrición á Oficina Dixital permítelle tamén acceder ás e-Notificacións e recibir información de valor, así como realizar a solicitude de caixas de primeiros auxilios, ademais de poder realizala tamén a través da ligazón da nosa web fraternidad.com/botiquín.

A Mutua tamén conta cun sistema de notificacións a través de correo electrónico, con subscrición previa, grazas ao cal a súa empresa pode aforrar tempo e evitar atrasos na realización dos seus trámites coa Mutua ou outros organismos públicos. As e-Notificacións (Servizos Electrónicos) dispoñibles na actualidade son: 

A través do noso portal Web ofrecémoslle un acceso personalizado á información. 

Seleccionando o perfil de “Empresa”, este adaptarase ás súas necesidades. Descargue o catálogo de servizos, visite a nosa Rede de centros de atención, onde pode consultar todos aos que pode dirixirse, tanto os de Fraternidad-Muprespa como doutras mutuas coas que temos acordos (+compromiso) ou centros especializados, e outra información de interese.

Para máis información sobre os portais web de Fraternidad-Muprespa, prema AQUÍ.

¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 0

You voted ‘up’