Art. 157 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social:
Entenderase por enfermidade profesional aquela contraída como consecuencia do traballo realizado como traballador por conta allea nas actividades especificadas no cadro aprobado polas disposicións de aplicación e desenvolvemento desta lei, e que se produza pola acción dos elementos ou substancias sinalados no dito cadro para cada enfermidade profesional.
Estas disposicións establecerán o procedemento que se debe observar para a inclusión no dito cadro das novas enfermidades profesionais que se consideren incorporadas nel. O dito trámite incluirá, en todo caso, como trámite preceptivo, o informe do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.
