Novo número de teléfono de PREVENCIÓN 10
Prevención 10 é o servizo público gratuíto de asesoramento en prevención de riscos laborais que permite:
- Xestionar os riscos laborais dun xeito sinxelo para _empresas de ata 25 traballadores.
- Facilitar o cumprimento en materia de coordinación das actividades empresariais e informar aos autónomos dos seus riscos.
O servizo dirixe, a través dunha aplicación informática, ao empresario e ao autónomo para que realicen facilmente un diagnóstico do lugar de traballo en materia de seguridade e saúde laboral.
Suprimiron estes días o antigo número de contacto de Prevencion10 para adaptarse á normativa que afecta aos números de tarifa especial (90X). Polo tanto, a partir deste momento o 901 25 50 50 deixará de estar operativo e o novo número de atención ao cliente será 913 63 43 00.
Así mesmo, presentaron estes días un novo folleto actualizado de Prevencion10, co novo número de teléfono e detalles dos seus contidos para a súa difusión entre a poboación.
Fai da prevención a túa xestión máis rendible
En Fraternidad-Muprespa apostamos pola seguridade e a saúde no traballo e para o noso labor de difusión contamos cun gran número de portais infográficos e folletos infográficos nos nosos portais Previene con temas de seguridade e saúde laboral que vos animamos a consultar.