O grupo SBG recibe o Bono 2016 pola redución da súa sinistralidade laboral

Bonus
Autor
Fraternidad-Muprespa
Población
L´Hospitalet de Llobregat

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, fixo entrega este luns ao grupo de empresas SBG do Bono correspondente á campaña 2016. Deste xeito, recoñece a xestión realizada para reducir a súa sinistralidade grazas á posta en marcha de accións de prevención eficaces.

No acto estiveron presentes, en representación da Mutua, o coordinador técnico territorial D.T.noreste José Ramón Lafuente e o director da Delegación de Hospitalet de Llobregat,Daniel Cárdenas, que entregou o diploma acreditativo ao director de RRHH de SBG,Joan Cusco.

Ambas as entidades mostraron a súa satisfacción por ter mellorado conxuntamente a seguridade e a saúde dos traballadores grazas ás medidas adoptadas.  

Que che pareceu este contido?