Participa na enquisa do Día Mundial do Medio Ambiente 2020!
O obxectivo do Día Mundial do Medio Ambiente é motivar ás persoas para que sexan axentes activos no desenvolvemento sostible e, ao mesmo tempo, teñan actitudes positivas cara aos problemas ambientais.
O tema deste ano 2020 é biodiversidade, unha gran preocupación ambiental mundial debido aos recentes eventos catastróficos, incendios forestais a gran escala, a pandemia de COVID-19, etc. que demostran que a natureza nos está a enviar mensaxes de advertencia.
A biodiversidade é a base da vida na Terra e sen ela a saúde das persoas está en perigo (auga, aire limpo, alimentos nutritivos).
Coas nosas actividades e costumes levamos décadas alterando o planeta, provocando perda de biodiversidade. Por iso, debemos modificar a nosa vida diaria para preservala.