Testimonio Anónimo en el centro Lugo - Rafael Dieste
O trato humano e a profesionalidade do equipo fixeron que a miña experiencia fose máis levadeira e sentínme coidado con respecto e empatía.
Quero expresar o meu agradecemento pola atención recibida durante o meu tratamento neste centro. Dende o primeiro momento, o trato humano e a profesionalidade do equipo fixo que a miña experiencia fose máis levadeira e sentínme coidado con respecto e empatía. Agradezo especialmente ao doutor que me atendeu a súa dedicación, paciencia e compromiso coa miña recuperación. A súa profesionalidade e o seu trato cercano fixeron que me sentira escoitada e comprendida en todo momento. Tamén quero recoñecer o traballo do equipo en xeral, xa que un ambiente de atención amigable e eficiente marca a diferenza no proceso de recuperación. Grazas

