Vigo acolle unha xornada sobre a normativa de transferencia de datos sanitarios organizada por Fraternidad-Muprespa

Normativa
Autor
Fraternidad-Muprespa
Población
Vigo

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora da Seguridade Social no 275, en colaboración co Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, organizou este xoves unha xornada para analizar a normativa en materia de transferencia de datos sanitarios. Nela explicáronse todos os aspectos relacionados coas cesións de datos, tanto aos servizos de prevención como ao persoal sanitario procedente ou alleo das empresas asociadas. A xornada comezou coa benvida de Noemí Sordo, Secretaria do Ilustre Colexio e coa presenza de Mercedes Vea, Vicepresidente, o director territorial Noroeste de Ramiro Guntín. 

Posteriormente tivo lugar a presentación do relator, Manuel López, avogado do Centro de Asesoramento e Servizos Xurídicos da FM. Ao remate houbo unha sesión de preguntas e respostas e un coloquio, moi interesante para os numerosos asistentes. A clausura correspondeulle ao director da delegación de Vigo, Andrés Ortigueira, co correspondente agradecemento e ánimo para manter a organización destes actos e a fluída colaboración coa Escola.
 

¿Que te ha parecido el contenido?