24 horas "NON-STOP" de prevención en Fraternidad-Muprespa
En Fraternidad-Muprespa estamos celebrando o VII Semana da Prevención baixo o lema: "Hora de liderar a prevención", dedicando todas estas xornadas a difundir a construción dunha sólida cultura en seguridade e saúde laboral nas empresas.
Hoxe, durante 24 horas sen interrupcións a través da nosa canle de YouTube e das redes sociais, podes ver un maratón de contidos audiovisuais sobre diferentes temas como a seguridade no traballo, ergonomía, riscos psicosociais, Visión Cero, seguridade viaria entre outros.
Tamén contaremos coa colaboración a través de vídeos dalgunhas das nosas mutuas que nos felicitarán no Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, e de selfies dos nosos Consultores de Prevención en lugares emblemáticos do noso país.
Non os perdades!