Trátase dunha das prestacións por falecemento e supervivencia, consistente nunha cantidade a tanto alzado de 46,50 €, para cubrir os gastos funerarios de quen as teña a cargo. Presúmese, salvo proba en contrario, que os ditos gastos foron aboados por esta orde: polo cónxuxe supervivente, fillos e parentes do falecido que convivan habitualmente con el.
