As prestacións por falecemento e supervivencia teñen como finalidade compensar a situación de necesidade económica provocada, para determinadas persoas, pola morte doutras.

Nos casos de falecemento por Accidente de Traballo, o procedemento é similar ás prestacións por incapacidade permanente. Nestes casos, a prestación que paga a Mutua ten unha dobre compoñente: por unha banda, concédese unha indemnización a tanto alzado polo propio falecemento e, por outra, unha pensión a favor dos familiares do falecido.

Ademais destes dereitos que expuxemos, o falecido xera outras prestacións para os seus familiares ao seu cargo, como as axudas á morte e a pensión de orfandade.