Conxunto de axudas económicas ou axudas á reinserción laboral das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, destinadas a traballadores que sufriron accidente de traballo ou enfermidade profesional e que polas súas circunstancias persoais, económicas ou familiares se atopen nunha situación de maior necesidade.
Estas axudas, en caso de falecemento do traballador, tamén son extensibles aos familiares máis próximos (cónxuxe ou parella de feito, ascendentes, descendentes e demais familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade).
Son axudas de carácter potestativo e distintas ou complementarias das prestacións estatutarias da Seguridade Social.
A resolución de concesión correspóndelle á Comisión de Prestacións Especiais da mutua.