Comité Europeo de Normalización. Trátase dunha organización privada sen ánimo de lucro, cuxa misión é promover a economía europea nos negocios globais, o benestar dos cidadáns europeos e o medio ambiente. É o organismo europeo de normalización recoñecido, responsable do desenvolvemento das normas europeas.(Normas EN "Estándar europeo"). O CEN foi fundado en 1961. Os seus vinte e nove membros nacionais representan a vinte e cinco estados membros da UE, tres países da Asociación Europea de Libre Comercio (EFTA) e os países candidatos á UE e á AELC. Máis de 60.000 expertos técnicos, así como federacións empresariais, consumidores e outras organizacións sociais interesadas están implicados na rede CEN que chega a 460 millóns de persoas.
