Estudo sobre a xestión do risco psicosociais en España
O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo publicou recentemente o traballo titulado: "Estudo sobre a xestión dos riscos psicosociais en España e o uso de técnicas cualitativas na empresa".
O estudo tivo como obxectivo realizar un diagnóstico sobre a aplicación de técnicas cualitativas na xestión dos riscos psicosociais no noso país e para iso realizouse unha exhaustiva revisión bibliográfica da literatura científica e realizáronse entrevistas semiestruturadas a diferentes axentes de prevención de riscos laborais con diagramas sistémicos.
Os resultados mostran que aínda existen importantes retos na xestión eficaz dos riscos psicosociais no ámbito empresarial e que o uso de técnicas cualitativas neste contexto segue a ser limitado, polo que é fundamental avanzar no desenvolvemento do coñecemento técnico sobre estas metodoloxías, establecendo criterios metodolóxicos específicos que faciliten a súa implantación en pequenas, medianas e grandes empresas.