Fraternidad-Muprespa colabora con AGALCO nunhas xornadas sobre prevención vs absentismo
O pasado xoves 8 de novembro, Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, participou nas xornadas técnicas de AGALCO(Asociación Galega da Construción) celebrada na sede da Cámara de Comercio. Esta interesante xornada informativa centrouse en “Prevención vs absentismo: os beneficios do MCSS e a xestión da prevención in situ”.
O presidente de AGALCO Salvador García foi a encargada de presentar o evento, destacando a importancia de manter a fluidez e a colaboración coas institucións máis representativas.
Logo deu paso a Andrés Ortigueira, director da delegación viguesa de Fraternidad-Muprespa, que falou sobre as vantaxes do MCSS, prevención vs absentismo. Ao final deulle a palabra Maximino García, xerente de Cíes Atlántico e experto en seguridade e prevención no lugar.
Despois, comezou unha quenda de preguntas, que xerou unha agradable conversa entre os membros da mesa e o numeroso público asistente.
Por último, o vicepresidente de AGALCO Ángel Alonso agradeceu a todos os presentes a súa organización e participación nesta interesante xornada.