II EDICIÓN DE PREMIOS 2804, Escolástico Zaldívar
Que significan os "28/04 PREMIOS"?
- A data: 28 de abril (28/04).
- Un símbolo: Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo.
- Un obxectivo: prevención e seguridade.
- Unha realidade: Os mellores proxectos na execución de actuacións de mellora da seguridade e saúde dos traballadores.
- Unha cantidade: 2.804 € para o mellor proxecto de cada modalidade
- Tres modalidades: Empresa nacional; Peme ou Start-up; e Asociacións sen ánimo de lucro ou ONG.
- Temos o pracer de convidalo á Segunda Edición do Premio Escolástico Zaldívar á prevención na seguridade e saúde dos traballadores.
Concederanse premios ás entidades que acrediten ter implantado ou executando medidas, accións ou programas que supoñan unha mellora considerable da seguridade e saúde dos seus traballadores, máis aló do cumprimento básico que a normativa esixe ás empresas.
A novidade desta edición é a creación de tres categorías de premios, cada unha das cales será galardoada 2.804 € e unha escultura:
- Nacional.
- Peme ou Empresa de Nova Creación.
- Asociacións sen ánimo de lucro ou ONG.
Os criterios de avaliación serán sinxeleza, creatividade e eficacia preventiva das medidas adoptadas.
Para optar ao premio, as empresas deberán estar asociadas a Fraternidad-Muprespa e cumprir os requisitos indicados nas bases do premio.
O prazo de presentación de proxectos remata o 31 de marzo de 2014.; O premio entregarase o 28 de abril de 2014, no acto que organizaremos para conmemorar o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo.
Podes dirixirnos preguntas sobre o premio a través do noso formulario de contacto.contacto
BASES II PREMIO ESCOLÁSTICO ZÁLDIVAR
Descarga "A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
