Inspección de Traballo e Seguridade Social

Órgano Estatal de Inspección de Traballo e Seguridade Social, integrado no Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, que lle corresponde vixiar e esixir o cumprimento das normas da orde social, incluída a normativa de prevención de riscos laborais. Entre as súas funcións figuran vixiar o cumprimento da normativa, prestar asistencia técnica a empresas e traballadores, propoñer sancións, emitir informes cando proceda e ordenar o cesamento inmediato do traballo cando se detecte un risco grave e inminente.