Prestaciones extraordinarias CATA RDL 18-2021

Prestacións extraordinarias de cesamento de actividade para traballadores autónomos reguladas no Real decreto lei 18/2021

 

O 29 de setembro publicouse o Real decreto lei 18/2021, sobre medidas urxentes para a protección do emprego, a recuperación económica e a mellora do mercado de traballo. Este RD lei, entre as medidas de apoio para o colectivo dos traballadores autónomos que desenvolve, establece 6 novas prestacións.

No seguinte cadro móstrase un resumo destas:

 

Tipos de prestacións e lexislación

NORMATIVA

PRESTACIÓN

PRAZO DE SOLICITUDE

DURACIÓN MÁXIMA

Art. 8

Exención de cotizacións para autónomos que o 30 de setembro estivesen a percibir algunha das prestacións reguladas nos arts. 7 e 8 RDL 11/2021, do 27 de maio.

Xestionado pola TXSS

Xaneiro 2022.

Art. 9

Prestación para traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal da actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente.

Dende o día en que se publique a resolución de suspensión da actividade.

Ata: 20/03/2022

Segundo o prazo de vixencia da suspensión. Máximo: 28 de febreiro de 2022.

Art. 10

Prestación compatible co traballo por conta propia para traballadores autónomos con suficiente cotización a cesamento de actividade.

Dende: 01/10/2021 (*)

Ata: 31/01/2022

28/02/2022

Art. 11

Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para autónomos que non teñan carencia para acceder nin á prestación ordinaria de cesamento de actividade, nin á prestación de cesamento compatible co traballo por conta propia.

Dende: 01/10/2021 (*)

Ata: 31/01/2022

28/02/2022

Art. 12

Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores de tempada de xuño a decembro.

Dende: 01/10/2021 (*)

Ata: 31/01/2022

28/02/2022

DA 6ª

Medidas extraordinarias de seguridade social para os traballadores autónomos afectados pola erupción volcánica rexistrada na zona de Cumbre Vieja na Palma.

Dende: 01/10/2021 (*)

Ata: 31/01/2022

28/02/2022

(*) Para devindicar a prestación dende o 1 de outubro de 2021, deberá presentarse a solicitude entre o 1 e 21 de outubro (ambos os dous inclusive).

 

A continuación, resúmense os principais cambios e puntos de interese do RD lei 18/2021, respecto ás súas antecesoras:

 

Exención na cotización a favor dos traballadores autónomos que a 30 de setembro de 2021 viñesen percibindo algunha das prestacións reguladas nos arts. 7 e 8 do Real decreto lei 18/2021, do 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos (art. 8. RD lei 18/2021):

 

Establécese a exención de cotas aos traballadores autónomos que viñesen percibindo as prestacións reguladas nos arts. 7 e 8 do RD lei 11/2021 ata o 30/09/2021 nas seguintes contías:

  • Exención do 90% das cotizacións correspondentes a outubro de 2021.
  • Exención do 75% das cotizacións correspondentes a novembro de 2021.
  • Exención do 50% das cotizacións correspondentes a decembro de 2021.
  • Exención do 25% das cotizacións correspondentes a xaneiro de 2022.

Deberá manterse a situación de alta ata o 30/01/2022.

A base determinarase en función da que percibira ata o momento do acceso á prestación anterior.

Estas exencións son incompatibles coa percepción de calquera das novas prestacións extraordinarias de cesamento de actividade (reguladas nos arts. 9 a 12 do RDL 18/2021 nin na prevista na Disposición adicional sexta deste mesmo RD lei).

En caso de percibir a prestación regulada no art. 9 do presente RD lei (suspensión da actividade), a exención volverá ser aplicable dende o momento en que o traballador se vexa obrigado a volver cotizar.

 

Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para traballadores autónomos afectados pola suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención da propagación do virus covid-19 (art. 9. RD lei 18/2021):

 

Esta prestación está destinada aos traballadores autónomos que se vexan obrigados a suspender todas as súas actividades, como consecuencia dunha resolución adoptada pola autoridade competente como medida de contención na propagación da covid-19.

Poderán acceder a esta prestación tanto aqueles que vexan suspendida a súa actividade a partir do venres, 01 de outubro de 2021 coma aqueles que a tivesen suspendida previamente e non a solicitasen antes do venres, 01 de outubro de 2021.

 

Comentario: se o 30 de setembro de 2021 se viñese percibindo a prestación do art. 6 do RD lei 11/2021 por seguir suspendida a actividade, será necesario solicitar esta nova prestación (non se prorroga automaticamente).

 

Os efectos e datas de solicitude desta prestación dependerán da data en que entre en vigor a resolución de suspensión da actividade:

1. Resolución de suspensión de actividade previa ao 1 de outubro:

  • Se se presenta entre o 1 e o 20 de outubro (incluído): devindicarase a prestación dende o 1 de outubro.
  • Se se presenta a partir do 21 de outubro (incluído), devindicarase a prestación a partir do 1 do mes seguinte de recibir a solicitude.

2. Resolución de suspensión de actividade a partir do 1 de outubro:

  • Se se presenta nos 21 días naturais seguintes á publicación da resolución de suspensión: devindicarase a prestación dende o día seguinte á data en que se declara a suspensión.
  • Se se presenta superado o prazo anterior: devindicarase a prestación a partir do 1 do mes seguinte de recibir a solicitude.

No resto de cuestións é moi semellante á prestación extraordinaria de suspensión da actividade regulada no art. 6 do RD lei 11/2021.

Acceso á Oficina Dixital con usuario rexistradoAcceso á Oficina Dixital sen usuario rexistrado

 

Prestación por cesamento de actividade compatible co traballo por conta propia (art. 10. RD Lei 18/2021):

 

Esta prestación está dirixida a aqueles traballadores autónomos que prevén que durante os próximos meses non van recuperar os niveis de actividade previos á situación de crise orixinada pola pandemia e que teñan un mínimo de cotizacións pola continxencia de cesamento de actividade.

A maior parte dos requisitos e condicións son semellantes aos establecidos na prestación regulada no art. 7 do RD lei 11/2021. As principais novidades son:

  • A data para presentar as solicitudes en prazo finaliza o 21 de outubro (inclusive) e estas tomarán efectos dende o día 1 de outubro, o resto terán efecto a partir do día 1 do mes seguinte de ser solicitadas.
  • A prestación terá unha duración máxima de 5 meses, como máximo, ata o 28 de febreiro de 2022 (a anterior era como máximo 4 meses).
  • O requisito económico establécese durante o período comprendido entre o 3º e 4o trimestre de 2021, e requírese unha redución dos ingresos computables fiscalmente da actividade por conta propia de máis do 50% respecto ao mesmo período do exercicio de 2019.
  • Prever non obter durante o 3º e 4o trimestre de 2021 uns rendementos netos computables fiscalmente superiores a 8.070 € (antes eran 7.980 €).
  • No caso de traballadores que tributen por estimación obxectiva, a redución dos ingresos tamén poderá darse por acreditada en función da redución da media de traballadores afiliados ao CNAE de cada actividade, comparando o 3º e 4o trimestre de 2021 co mesmo período de 2019.

Acceso á Oficina Dixital con usuario rexistradoAcceso á Oficina Dixital sen usuario rexistrado

 

Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para aqueles traballadores autónomos que exercen actividade e a 30 de setembro de 2021 viñesen percibindo algunha das prestacións de cesamento de actividade previstas nos artigos 7 e 8 do Real decreto lei 11/2021, do 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos, e non poidan causar dereito á prestación ordinaria de cesamento de actividade prevista no artigo 10 deste Real decreto lei (art. 11. RD Lei 18/2021)

 

Esta prestación está orientada a aqueles traballadores autónomos que, a 30 de setembro de 2021, viñesen percibindo algunha das prestacións reguladas nos arts. 7 e 8 do RDL 11/2021 e non poidan ser beneficiarios da regulada no art. 10 do RD lei 18/2021 nin da prestación de cesamento de actividade ordinaria regulada no título V do TRLGSS.

A maior parte dos requisitos e condicións son semellantes aos establecidos na prestación regulada no art. 8 do RD lei 11/2021. As principais novidades son:

  • A data para presentar as solicitudes en prazo finaliza o 21 de outubro (inclusive) e estas tomarán efectos dende o día 1 de outubro, o resto terán efecto a partir do día 1 do mes seguinte de ser solicitadas.
  • A prestación terá unha duración máxima de 5 meses, como máximo, ata o 28 de febreiro de 2022 (a anterior era como máximo 4 meses).
  • O requisito económico establécese co 4º trimestre de 2021, e requírese unha redución dos ingresos computables fiscalmente da actividade por conta propia de máis do 75% respecto ao mesmo período do exercicio de 2019.
  • Prever non obter durante o 3º e 4º trimestre de 2021 uns rendementos netos computables fiscalmente superiores ao 75% do SMI (antes eran 6.650 €).
  •  

    Comentario: Na referencia ao SMI, debe terse en conta que, por aplicación do disposto no art. 1 do Real decreto 817/2021, do 28 de setembro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2021, con efectos do 1 de setembro de 2021, o SMI diario pasou de 950 € (aplicable a xullo e agosto) a 965 €/mes (aplicable a setembro, outubro, novembro e decembro).

     

  • No caso de traballadores que tributen por estimación obxectiva, a redución dos ingresos tamén poderá darse por acreditada en función da redución da media de traballadores afiliados ao CNAE de cada actividade, comparando o 4º trimestre de 2021 co mesmo período de 2019.
  • Acceso á Oficina Dixital con usuario rexistradoAcceso á Oficina Dixital sen usuario rexistrado

     

    Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores de tempada (art. 12. RD lei 18/2021):

     

    Para esta prestación, considéranse traballadores autónomos de tempada aqueles que:

    • Teñan como único traballo, ao longo dos anos 2018 e 2019, o que desenvolvesen no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar, durante un mínimo de catro meses e un máximo de sete, en cada un dos anos. E que, ademais, polo menos 2 deses meses deberon estar entre os meses de outubro e decembro de cada ano.

      Non se excluirán desta condición aqueles que tamén traballasen por conta allea nos anos 2018 e 2019, sempre que a alta como traballador por conta allea non supere os 120 días ao longo destes dous anos.

    • Non estivesen de alta, ou asimilado á alta, como traballador por conta allea no réxime da Seguridade Social correspondente, máis de 60 días durante o 2º e 3o trimestre de 2021.

    A maior parte dos requisitos e condicións son semellantes aos establecidos na prestación regulada no art. 9 do RD lei 2/2021, coas seguintes salvidades:

    • Non prever obter, durante o 3º e 4º trimestre de 2021, uns ingresos netos computables fiscalmente, que superen os 6.725 € (anteriormente eran 6.650 €).
    • A duración máxima da prestación poderá ser de 5 meses, como máximo, ata o 28 de febreiro de 2022 (a anterior prestación como máximo eran 4 meses)

    A prestación solicitada ata o 21 de outubro (inclusive) tomará efectos o 1 de outubro, mentres que as presentadas fóra do citado prazo devindicarán a prestación a partir do día 1 do mes seguinte á solicitude.

    Acceso á Oficina Dixital con usuario rexistradoAcceso á Oficina Dixital sen usuario rexistrado

     

    Medidas extraordinarias de seguridade social para os traballadores autónomos afectados pola erupción volcánica rexistrada na zona de Cumbre Vieja na Palma. (Disposición adicional sexta do RD lei 18/2021):

     

    Esta prestación está orientada a aqueles traballadores autónomos que, como consecuencia directa da erupción volcánica rexistrada na zona de Cumbre Vieja na Palma, se ven obrigados a suspender ou cesar a súa actividade profesional.

    En realidade, estamos ante un mecanismo de acceso á prestación de cesamento de actividade ordinario regulado no título V do TRLGSS por motivo de forza maior, que permite recoñecer unha prestación de 5 meses aos traballadores que non terían carencia e que amplía en 5 meses a prestación a aqueles que si a tivesen.

    Sendo unha solicitude de cesamento de actividade ordinario por forza maior, como consecuencia da erupción volcánica rexistrada na zona de Cumbre Vieja o pasado 19 de setembro de 2021, o prazo para presentar as solicitudes sen que se apliquen penalizacións remataría o 31 de outubro de 2021.

    A solicitude desta prestación deberá realizarse a través do formulario de prestación de cesamento de actividade ordinario informando como motivo do cesamento o seguinte:

     

    Código-descrición da causa

     

    A devandita solicitude debe acompañarse da súa correspondente declaración xurada (sen necesidade de ningún dos anexos).

    Pode remitir a súa solicitude telematicamente ao correo electrónico da súa delegación de Fraternidad-Muprespa máis próxima a vostede. Ver listaxe de enderezos electrónicos AQUÍ

¿Resultouche útil este contido?
(reset)
¡Grazas polo teu voto!

Puntos: 1