
FRATERNIDAD-MUPRESPA DESTACA NO PACTO VERDE DA CIDADE DE VITORIA
Durante o ano 2012, a cidade de Vitoria converteuse na Capital Verde Europea. Dende este ano, o Centro Asistencial de Vitoria de Fraternidad-Muprespa, adheriuse ao Pacto Verde do Concello de Vitoria.
Dende entón destacou o esforzo realizado por Fraternidad-Muprespa, no investimento que realizou no seu centro de traballo para mellorar a súa eficiencia enerxética e reducir o consumo eléctrico, coa conseguinte diminución de gases de efecto invernadoiro.
Entre as actuacións máis destacadas, a Mutua implantou no centro un sistema de climatización VRF INVERTER con control de temperatura, zonificado de forma independente e con recuperación de calor. Así mesmo, instalou illamento térmico en parámetros verticais e horizontais, xunto con novos cerramentos fixos de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro baixo emisivo, e ventás oscilobatentes.
A través destas boas prácticas que se levaron a cabo, queda de manifesto a vontade e o compromiso de Fraternidad-Muprespa para mellorar moitos aspectos ambientais na xestión diaria, así como para o benestar dos nosos mutualistas.
Xa somos 792 empresas adheridas ao Pacto Verde.
CONCELLO DE VITORIA

Boas prácticas ambientais. Fraternidad-Muprespa

" A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"