Nova campaña da Fundación Laboral da Construción

Seguridad en el Trabajo
Autor
Fundación Laboral de la Construcción

Co lema "Tes o que fai falta?" e de xeito humorístico, a Fundación Laboral de la Seguridad presenta unha nova campaña dirixida aos medios con varios vídeos protagonizados polo humorista Agustín Jiménez nos que se fomenta a seguridade e a saúde nas obras.

A idea da campaña é lanzar unha mensaxe que sirva para dar a coñecer como na construción o primeiro debe ser garantir a seguridade e o segundo tamén e cuxo obxectivo vai dirixido principalmente a empresarios e traballadores coa frase: "Demostrar que tes o necesario cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais na construción".

A iniciativa inclúe catro pezas audiovisuais, elaboradas en ton humorístico, dirixidas a profesionais do sector , tanto de perfil de empresario como de traballador da construción. Nos vídeos dirixidos a empresarios, as mensaxes son: "Se o tes, faino fácil. Se non o tes, consígueo", mentres que para os traballadores son: "Se o tes, utilízao. Se non o tes, pídeo".

Os vídeos amosan escenas comúns e reais de obras de construción e cuestionan a importancia de aspectos fundamentais para a mellora da seguridade e saúde laboral, como a planificación de medidas preventivas, o uso de equipos de protección colectiva e individual, ademais de alertar sobre un dos accidentes máis habituais do sector: os trastornos musculoesqueléticos provocados por sobreesforzos.

Involucra ao teu persoal en cuestións de saúde e seguridade

En Fraternidad-Muprespa apostamos pola formación continua, por iso ofrecémosche a nosa proposta en liña sobre prevención de accidentes e enfermidades profesionais, de acceso libre e gratuíto para as nosas empresas asociadas denominada “Aula de Prevención” na que contamos con actividades e cursos e obradoiros audiovisuais para todos os sectores. Relacionado con esta noticia propoñémosche o curso “Riscos no traballo do albanel”.

Que che pareceu este contido?