Os TME son condicións do sistema músculo-esquelético, formado por ósos, músculos, tendóns, ligamentos, articulacións, cartilaxe e outro tipo de tecidos que sosteñen o corpo humano e permiten o seu movemento.

No lugar de traballo poden producirse por movementos repetitivos, posturas mantidas ou forzadas, vibracións, esforzos excesivos e outros factores, como xornadas de traballo longas ou espazos de traballo reducidos.