NOVO BUSCADOR DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS Fraternidad-Muprespa
Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, implantou no seu portal web corporativo unha nova utilidade, que che permitirá coñecer as patoloxías que legalmente están tipificadas como "enfermidades profesionais".
As enfermidades profesionais son as contraídas como consecuencia do traballo realizado e están especificadas no Real decreto 1299/2006. Inclúese a relación de enfermidades recoñecidas como profesionais, así como os postos de traballo e substancias que as expoñan ao risco de contraelas.
Deste xeito ofrecémosche información sobre as enfermidades profesionais que poden producir substancias que poidan estar presentes no ambiente de traballo.
Dentro da nova ferramenta pódense atopar patoloxías a través de dous sistemas de busca: ou escribindo directamente o termo que se quere atopar.(busca de termos) ou navegando polos diferentes niveis (navegación ata catro niveis de detalle da subclase) dunha lista formada polos seis grandes grupos nos que se clasifican as enfermidades profesionais.
Para calquera das dúas buscas, amosarase unha pestana con información detallada, que lle permitirá imprimir ou exportar os datos a un ficheiro PDF.
O obxectivo desta información é que tanto as empresas como os traballadores coñezan aqueles produtos ou substancias que poidan ser prexudiciais para a saúde, e tomen as medidas preventivas necesarias para evitar que os traballadores contraigan estas enfermidades.
O buscador inclúe unha guía detallada que facilita o seu uso e navegación tanto para expertos como para profanos.
BUSCADOR DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS
Descarga Novo buscador de enfermidades profesionais
Ligazón "A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
