Seguridade e saúde para os teus dispositivos móbiles (aplicacións de prevención e saúde)

Conxunto de aplicacións informáticas para smartphones e tabletas que nos permitirán mellorar a saúde e a seguridade no traballo

Aplicacións desenvolvidas polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST)

  • Conxunto de ferramentas de axuda para algúns cálculos e comprobacións habituais, obtención de información sobre axentes contaminantes ou condicións de traballo, nas disciplinas que integran a Prevención de Riscos Laborais (PRL). O seu formato permite descargalo no Smartphone ou Tablet do técnico para ser utilizado no “campo” , permitindo a consulta en liña e, se é o caso, o posterior envío dos datos consultados ou calculados a un PC, facilitando a elaboración e impresión dun informe final. Así como, orientar "in situ"  sobre os resultados que se obteñan durante o estudo.

App desenvolvida pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) sobre seguridade viaria

Comobity é a aplicación creada para mellorar a nosa mobilidade e protexer a ciclistas, peóns e condutores na estrada e na cidade con información sobre todos os perigos que nos podemos atopar na nosa viaxe. Advirte da presenza de ciclistas, peóns e condutores que tiveron que parar o seu vehículo por ter algún problema. Ademais, infórmache de eventos facilitados directamente pola DXT, como atascos, alertas meteorolóxicas, obras de construción ou outras incidencias que te atopes na estrada durante a túa viaxe. 

Comobity está deseñado para que non teñas que manexalo mentres conduces. Selecciona como te vas mover antes de partir e, se ocorre algo, indica que tivo unha incidencia premendo o botón vermello.

 

Aplicación sobre Vision Zero

  • APP Vision Zero  

A aplicación Vision Zero ofrece listas de verificación interactivas, analiza os resultados e ofrece unha visión xeral do estado actual, ao tempo que mostra a necesidade de actuar a nivel operativo para o desenvolvemento da Cultura Vision Zero nas empresas.

Aplicación NIOSH para avaliar cargas de elevación

Aplicación móbil, NLE Calc, que axuda aos usuarios a determinar límites de elevación seguros.  Coa ecuación de Niosh é posible avaliar tarefas que implican levantar cargas. O resultado da aplicación da ecuación é o Límite de Peso Máximo Recomendado (RWL: Recommended Weight Limit), que se define como o peso máximo que se aconsella levantar nas condicións do traballo para evitar o risco de dor lumbar ou problemas de costas. 

A partir do resultado da aplicación da ecuación obtense unha valoración da posibilidade de aparición de trastornos como os mencionados en función das condicións de traballo e da carga a levantar. Os resultados intermedios obtidos durante a aplicación da ecuación serven de guía para establecer medidas preventivas para minimizar os riscos de elevación de cargas.

Aplicación de prevención 10

Prevención 10.es é o servizo público gratuíto de asesoramento en prevención que permite ás empresas de ata 25 traballadores xestionar os riscos laborais dun xeito sinxelo.

Esta aplicación permite o acceso a todos os contidos do portal web: as ferramentas evalua-t®, autopreven-t® e instruye-t® e as seccións de biblioteca, multimedia e preguntas frecuentes

¿Que te ha parecido el contenido?