Sociedade Civil

Contrato polo que dúas ou máis persoas se comprometen a xuntar diñeiro, bens ou industria, co obxectivo de repartir os beneficios entre elas. Pode ter personalidade xurídica propia salvo que os seus acordos se manteñan en segredo entre os socios e cada un contrate en nome propio contra terceiros. Con carácter xeral, os socios responden das débedas societarias con carácter persoal, ilimitado, subsidiario e solidario, sen prexuízo das particularidades aplicables cando a sociedade civil actúe con finalidade mercantil.