Situación do traballador que, despois de ser sometido ao tratamento prescrito e de ter sido dado de alta médica, presenta graves reducións anatómicas ou funcionais, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que reducen ou anulan a súa capacidade laboral, podendo dar lugar ao dereito a unha prestación de contía variable en función do grao de incapacidade (parcial, total, absoluta ou grave). É causa de extinción da relación laboral, agás no caso de incapacidade permanente parcial e cando, no caso de incapacidade permanente total, se declare a suspensión da relación laboral, con reserva de posto de traballo.
