No Día Mundial das Redes Sociais... Dámosche motivos para seguirnos!
Hai anos, ninguén imaxinaba que unha publicación de 280 caracteres, unha historia de 15 segundos ou unha simple foto cun "gústame" poderían transformar a forma en que nos informamos, traballamos e nos relacionamos. Hoxe, 30 de xuño, celébrase o Día Mundial das Redes Sociais, un día para reflexionar sobre o profundo impacto que estas plataformas teñen na nosa vida persoal, profesional e social.
As redes sociais democratizaron o acceso á información, deron voz a millóns de persoas e crearon comunidades máis aló das fronteiras físicas. A través delas:
- As marcas dialogan directamente cos seus usuarios.
- As institucións difunden información pública en tempo real.
- Os medios de comunicación utilízanos como canle e en moitas ocasións como fonte de información.
- Os cidadáns mobilízanse, opinan, crean contidos e comparten experiencias.
Ao mesmo tempo, tamén plantexaron desafíos en torno á privacidade, a desinformación, o seu uso excesivo e como inflúe na saúde mental. Por iso, esta xornada é tamén unha oportunidade para promover o uso responsable, ético e consciente destas ferramentas.
En Fraternidad-Muprespa, como colaborador mutuo coa Seguridade Social, as redes sociais son unha das nosas principais canles de comunicación, entre elas LinkedIn destaca como a rede de profesionais por excelencia, e utilizámolas cunha finalidade clara: achegar a prevención, a saúde laboral e a actualidade no ámbito xurídico e laboral. Pero, sobre todo, empregámolas para estar preto de ti e escoitarte.
E non o dicimos. Dino os nosos embaixadores da marca neste vídeo onde vos animan a seguirnos en LinkedIn.