Celebrouse a 24a edición de Fratertalks. Evitemos hoxe o cancro laboral de mañá
O 30 de setembro, nova tempada de Fratertalks para falar nesta edición sobre o cancro laboral e as novidades do Real decreto 395/2022 que se publicou recentemente.
Escoitar a palabra cancro dános a pel de galiña, xa que son moitas as vidas que esta enfermidade leva cada ano. Se falamos dende o punto de vista laboral, en determinados procesos produtivos utilízanse axentes canceríxenos que, de non realizarse a tempo unha adecuada prevención de riscos, poden provocar cancro laboral no futuro.
Ademais, o feito de ser unha enfermidade que sae á luz varios anos despois da exposición ao carcinóxeno fai que sexa aínda máis perigosa, polo que é necesario actuar con antelación, avaliando o risco e establecendo as medidas preventivas adecuadas que eviten o risco e que os traballadores estean sempre en condicións de seguridade.
Para falar de todo isto, tivemos o pracer de contar Carlos Mojón, Director Técnico de Laboratorios Himalaya e membro do Consello Xeral de Profesionais da Seguridade e Saúde Laboral e que nos iluminou cos seus coñecementos e experiencia na área da hixiene industrial.
Se non puideches asistir ao evento en directo, a continuación podes ver o vídeo do evento.Fratertalk:
Agardámosvos na vindeira edición de #Fratertalks que terá lugar a próxima 28 de outubro ás 10:00 h. para falar de riscos psicosociais coa axuda de Anabel Fernández, CEO de Á Saúde, nunha Fratertalk que levará por título: “A xestión dos riscos psicosociais: avanzando na súa avaliación”.