Publicouse a convocatoria da VII Edición dos Premios Escolástico Zaldívar – 2804 para 2019

Premios ou recoñecementos
Autor
Fraternidad-Muprespa
Población
Madrid

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, publicou a convocatoria do Premio Escolástico Zaldívar 2804 para o ano 2019, un ano importante para a Mutua xa que celebra o seu 90 aniversario. Con este recoñecemento Fraternidad-Muprespa responde ao compromiso coa sociedade e coas mutualidades, compromiso que se reflicte no Plan Estratéxico Corporativo da Mutua. 

O premio, que se concede dende 2013, leva o nome do fundador de Fraternidad-Muprespa, Escolástico Zaldívar, que en 1929, coa fundación de La 

O premio Escolástico Zaldívar recoñece o esforzo, o traballo de sensibilización e o compromiso que realizan as mutuas no ámbito da prevención. Por iso en Fraternidad-Muprespa animámoste a demostrar que tes executado, ou estás a executar, medidas, accións ou programas que supoñen unha mellora considerable na seguridade e saúde dos traballadores.

O Premio ten as tres modalidades seguintes:

  • CATEGORÍA I: Grandes Empresas.
    • Primeiro tramo: con máis de 1.500 traballadores.
    • Segundo tramo: de 250 a 1.500 traballadores.
  • CATEGORÍA II: PEME ou Empresa de nova creación (Start-Up).
  • CATEGORÍA III: Asociacións sen ánimo de lucro, ONG, autónomos e empresas de economía social.

Os requisitos para optar ao premio son que as organizacións estean asociadas

O prazo de presentación de solicitudes será entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2019, ambos inclusive.
 

Que che pareceu este contido?