
Memoria de accións de Responsabilidade Social Corporativa e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
A Responsabilidade Social de Fraternidad-Muprespa senta os seus piares en promover, integrar e difundir en todos os seus ámbitos de actuación, o desenvolvemento de prácticas responsables que contribúan ao impulso dos seus valores e principios e á mellor consecución das liñas e obxectivos estratéxicos dos Plans Estratéxicos Corporativos, favorecendo especialmente a transparencia, sostibilidade e competitividade da Mutua e a creación de valor compartido entre os seus grupos de interese.
Implantando accións para favorecer a transparencia e bo goberno corporativo, a Mutua contribúe a un aumento da confianza das súas empresas. Unha xestión responsable dos recursos humanos axuda a mellorar a relación co traballo e entre as persoas da entidade. O respecto ao medio ambiente e o consumo responsable inciden en gran parte dos obxectivos de cada unha das liñas de actuación (calidade, confianza, eficiencia...). As actuacións de cooperación ao desenvolvemento axudan á mellora da relación coa sociedade e ao aumento da nosa visibilidade.
Dende 2021 Fraternidad-Muprespa perseguiu firmemente que as súas accións de Responsabilidade Social estivesen vinculadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) para avanzar na Axenda 2030.
Liñas de actuación
Co obxectivo de arbitrar a súa actividade en termos de responsabilidade social, a Mutua conta cun Comité de Responsabilidade Social Corporativa encargado de fixar e supervisar as liñas de actuación no estrito cumprimento dos requirimentos legais:
- Integración da RSC e o Comportamento Ético
- Prácticas Laborais Responsables
- Responsabilidade Sociosanitaria
- Voluntariado Corporativo e outras Actividades de Interese Social
- Sostibilidade medioambiental