Ferramentas e ligazóns de interese
Xestión da prevención
Neste apartado propoñemos vídeos e documentos que nos axudarán a comprender que é un obxectivo e que é un indicador, con exemplos de ambos, para tentar mellorar a cultura preventiva da empresa e organizar os nosos departamentos, centrándonos nas tarefas prioritarias. Tamén lle presentaremos a filosofía lean cun enfoque preventivo.
Prevención 10.es é o servizo público gratuíto de asesoramento en prevención que permite ás empresas de ata 25 traballadores xestionar os riscos laborais dun xeito sinxelo.
PCAE+ é unha aplicación informática da CEOE para mellorar a eficiencia nos procesos de coordinación de actividades empresariais en materia preventiva naquelas situacións nas que varias empresas conflúen nun mesmo centro de traballo.
Calculadora INSST que presenta un método que permite estimar o custo dos accidentes de traballo sen pretender en ningún momento un exercicio contable.
Ferramentas
Conxunto de aplicacións informáticas para smartphones e tabletas que nos permitirán mellorar a saúde e a seguridade no traballo.
A aplicación Vision Zero ofrece listas de verificación interactivas, analiza os resultados e ofrece unha visión xeral do estado actual, ao tempo que mostra a necesidade de actuar a nivel operativo.
Conxunto de ferramentas informáticas de uso en diferentes disciplinas da prevención de riscos laborais: hixiene, seguridade, ergonomía, psicosocioloxía, medicina do traballo e xestión da prevención.
Ferramenta do INSST para a identificación e avaliación de factores psicosociais cuxo obxectivo é proporcionar información para poder identificar cales son os factores de risco nunha determinada situación.
Aplicación do INSST que ten por obxecto facilitar a análise e avaliación sistemática de postos dotados de pantallas de visualización de datos, en cumprimento do RD 488/1997.
Ligazóns de interese
Páxina web da Dirección Xeral de Tráfico con toda a información de referencia en materia de seguridade viaria.
Órgano encargado da coordinación das actividades sanitarias estranxeiras, así como da vixilancia e control dos posibles riscos para a saúde derivados da importación, exportación ou tránsito de mercadorías e tráfico internacional de viaxeiros.
Axencia especializada das Nacións Unidas, que promove a xustiza social e os dereitos humanos no lugar de traballo.
Axencia especializada das Nacións Unidas que trata de erradicar enfermidades e busca mellorar a saúde física e mental das persoas, a nivel internacional.
Información de calidade para unha prevención eficiente de riscos laborais.
Medicina e Seguridade do Traballo é unha publicación periódica trimestral (4 números ao ano) editada pola Escola Nacional de Medicina do Traballo (ENMT) do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).
Portais temáticos do INSST
Páxina do INSST dedicada a recoller a información máis importante relacionada cos trastornos musculoesqueléticos (TME) cos principais factores de risco, medidas preventivas, ferramentas e métodos sinxelos para a súa avaliación.
Páxina do INSST dedicada á psicosocioloxía do traballo, desde a perspectiva da prevención de riscos laborais, como disciplina que aborda as condicións de traballo psicosociais ou organizativas, tamén denominadas factores psicosociais.
Páxina do INNST dedicada aos riscos químicos que recompila a información máis relevante sobre a exposición laboral a axentes químicos e a seguridade química.
Portal do INSST que recolle a información máis relevante contida na páxina web desta organización sobre o risco biolóxico no traballo, permitindo un acceso rápido e ordenado a dita información.
Páxina do INSST dedicada ao sector agrario, que representa un dos sectores con maior sinistralidade xa que polas súas características provoca unha gran variedade de riscos laborais.