Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS


APERTURA DE NOVOS CENTROS ASISTENCIAL E DE PREVENCIÓN (SPA) EN FERROL.

Autor:  Fraternidad-Muprespa - 
Data:  25/05/2005

APERTURA DE NOVOS CENTROS ASISTENCIAL E DE PREVENCIÓN (SPA) EN FERROL.

Fraternidad-Muprespa abre dous novos Centros: Asistencial e de Servizo de Prevención “SPA” en Ferrol (A Coruña)

Case 750 m2 para atender as necesidades médico-asistenciais e de prevención e formación das empresas asociadas.

Fraternidad-Muprespa, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, abriu as súas novas instalacións en Ferrol (C/ Avenida de Esteiro, 85-87. Tel. 981 36 41 10), que ocupan unha superficie de 750 m2. Os servizos do centro asistencial van destinados á prestación da asistencia médica de urxencias e os servizos de rehabilitación e xestión das prestacións. O centro de servizo de prevención, ocúpase do servizo de prevención alleo, en todas as súas disciplinas preventivas, incluída a medicina da saúde, e da formación a traballadores e delegados de prevención das empresas asociadas.

A Mutua conta cunha ampla rede de 168 oficinas e centros asistenciais propios, a nivel nacional, 1.400.000 traballadores asegurados e case 300.000 empresas asociadas. Na Comunidade Autónoma de Galicia Fraternidad Muprespa dispón de máis de 5.000 m2 en instalacións, con 19 centros e oficinas propios situados en todas as provincias.


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir