Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS


28 DE ABRIL DE 2007, DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

Autor:  Fratenridad Muprespa - 
Data:  24/04/2007

28 DE ABRIL DE 2007, DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

 

28 de abril
2007

Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo


POR UN LUGAR DE TRABALLO SEGURO E SAUDABLE

 Dende 1996 os sindicatos a nivel mundial veñen conmemorando as vítimas dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais o día 28 de abril de cada ano.

A OIT, co seu  carácter tripartito, aceptou a devandita iniciativa e converteuna nunha Xornada anual a nivel mundial, promovida para chamar a atención sobre os accidentes e enfermidades provocadas polo traballo, para a súa redución e eliminación.

A partir do ano 1999 e a proposta da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, por Orde do 30 de marzo de 1999, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do noso país establece a celebración do Día da Seguridade e Saúde no Traballo o 28 de abril de cada ano.

Arredor da devandita data, as diversas organizacións convocantes a nivel nacional e internacional realizan declaracións, promoven diversos tipos de actos e propoñen e desenvolven actividades, que leven á reflexión de todos os cidadáns e das institucións e organizacións máis relacionadas co problema.

Neste sentido, cada ano as organizacións centran as súas chamadas de atención nun tema ou nun número reducido de temas de seguridade e saúde no traballo que consideran especialmente significativos no ámbito mundial.

A información e a máxima extensión da conmemoración deben cumprir un papel crucial en todas as actividades xa que a intención prioritaria é chegar ao máximo número de persoas e institucións, para fomentar a preocupación por este problema e para impulsar as medidas que conduzan á súa solución. A elección de lemas ten o propósito de sintetizar o obxectivo nunha mensaxe que permita a máxima eficacia comunicativa no resultado perseguido.
 
Este ano 2007 a Oficina Internacional do Traballo (OIT) elixiu promover o lema Por un lugar de traballo seguro e saudable, e a Confederación Sindical Internacional (CSI) abordar as causas dos cancros ocupacionais e ambientais, esixir a elaboración e aplicación de normas de saúde e seguridade e aproveitar as campañas anteriores sobre o amianto e o VIH/SIDA nos lugares de traballo.

Fraternidad Muprespa, dentro da súas actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais, vén adheríndose ao sentido da devandita conmemoración dende hai varios anos e realizando actividades de promoción da saúde laboral de carácter divulgativo.


Arquivo adxunto - 28 DE ABRIL DE 2007, DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir