Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS


FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO SEXTO CONGRESO INTERNACIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dirección Provincial de A Coruña
Data:  22/05/2008

FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO SEXTO CONGRESO   INTERNACIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO SEXTO CONGRESO INTERNACIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

A Coruña - Fraternidad Muprespa, participou de xeito especialmente activo no sexto Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais ORP 2008 (siglas de Occupational Risk Prevention), os pasados 14, 15 e 16 de maio no Palacio de Exposicións e Congresos da herculina cidade da Coruña baixo o lema «El compromiso con la prevención:una responsabilidad empresarial».

O congreso, punto de encontro entre as entidades implicadas en facer prosperar a prevención e a seguridade laboral, busca o fomento no intercambio de avances en materia de ergonomía, seguridade, hixiene, medicina laboral, psicosocioloxía, formación e xestión de prevención.

Neste congreso, en palabras do seu inaugurador José Luis Méndez Romeu (Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza), tívose “a oportunidade de aproximar enfoques, debater, discutir e intercambiar información entre profesionais e científicos, e partes interesadas nestes apaixonantes asuntos” co obxecto de que o congreso servise a modo “de auténtica guía, cal Torre de Hércules, na consecución dunhas condicións de traballo sas, seguras e sostibles”.

Dentro do marco do congreso no que Fraternidad Muprespa dispuxo do seu propio mostrador, tamén os nosos profesionais tiveron a oportunidade de difundir a súa experiencia, como no caso da Dra. Lucrecia Spuches da delegación de Toledo, co seu traballo "Prevalencia de factores de risco en apnea de soño en camioneiros de mediana e longa distancia" (Prema aquí para acceder ao póster).


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir